GL EN

Eventos

II edición do festival científico "CinVigo. Ciencia na rúa" 20 abril 2024

Volve o festival científico CinVigo!

Baixo o lema “Ciencia na rúa”, durante a fin de semana do 20 e 21 de abril  de 2024, o centro de Vigo acollerá este evento, organizado polo CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Unviersidade de Vigo), no que a cidadanía poderá coñecer os proxectos involucrados nunha feira científica protagonizada por alumnado de ESO, Bacharelato e FP, pero tamén participar activamente en retos, concursos ou actividades divulgativas como a xincana e os obradoiros científicos, estes últimos especialmente deseñados para público infantil.

Proximamente máis información en Cinvigo - CINBIO!

CinVigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia de Innovación e co financiamento da Xunta de Galicia e da Unión Europea, ademais do apoio do Consello Social da Universidade de Vigo.