Eventos
Os días 17 e 18 de novembro teremos no CINBIO unha demo do equipo Citoflex Nano, un equipo optimizado para partículas de pequeno tamaño (nanopartículas, EVs, etc.).
Nesta ligazón pódese atopar máis información técnica.
A formación será impartida por Jorge Formaro, especialista de Beckam Coulter.
O martes 17 será a presentación na Sala de Seminarios de Torre CACTI e posteriormente haberá demostracións "on site" no Laboratorio de Citometría.
Aquelas persoas interesadas en asistir poden poñerse en contacto con Mercedes Peleteiro, responsable do Servizo de Citometría de Fluxo do CINBIO, a través do enderezo electrónico mpeleteiro@uvigo.es