GL EN

Eventos

Sesión formativa sobre xestión de residuos 28 febreiro 2023

Formación transversal

A empresa Ecolex, xunto coa Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo, impartirán unha breve formación sobre a segregación de residuos perigosos.

Esta formación é de vital importancia para o noso centro, dadas as diferentes características dos laboratorios do CINBIO.  Trataranse temas como saber identificar que é un un residuo, cales se consideran perigosos e identificar os residuos que xeramos en cada laboratorio de maneira correcta. Entre outros puntos importantes explicarán como xestiona a Universidade de Vigo os residuos perigosos e cal é o tratamento posterior de estes residuos.

Terá lugar o martes 28 de febreiro ás 10:00 horas na sala de seminarios da Torre CACTI.