GL EN

Eventos

Tese doutoral - Amparo Martínez Pérez 28 outubro 2022 Salón de Graos da Facultade de Bioloxía UVigo

O venres 28 de outubro ás 12:30h Amparo Martínez (Inmunoloxía) presentará a súa tese de doutoramento baixo o título "Caracterización da resposta inmunitaria inducida por novas vacina contra a tuberculose baseada en nanopartículas." Será no Salón da Graos da Facultade de Bioloxía UVigo.

A tuberculose (TB), enfermidade causada pola infeción da bacteria Mycobacterium tuberculosis (Mtb), é un grave problema de saúde mundial que persistiu ao longo da Historia. A única vacina autorizada contra a TB é a BCG (Bacille Calmette-Guérin) que non obstante ten unha eficacia baixa e heteroxénea. Por iso, síguese investigando no desenvolvemento de novas vacinas que puideran mellorar a proteción conferida por BCG.

Nesta tese caracterizouse a resposta inducida en pulmón por dous novas vacinas contra a tuberculose baseadas en nanopartículas, utilizadas como reforzos intranasais tras a inoculación de BCG nun modelo de rato. Analizáronse e caracterizáronse diferentes poboacións de células inmunitarias mediante citometría de fluxo e RNA-Seq, avaliando os cambios no sistema inmunolóxico e a súa correlación co grao de protección obtido fronte á infección.