GL EN

Eventos

Tese doutoral - Mauro Lago Docampo 10 xaneiro 2022 Facultade de Bioloxía UVigo/Campus Remoto

O investigador Mauro Lago Docampo do Laboratorio de Enfermidades Raras presenta o 10 de Xaneiro de 2022 a súa tese de doutoramento baixo o título "Functional analyses and novel markers for Pulmonary Arterial Hypertension". 

A defensa é ás 11:30h no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía da UVigo, e podese tanto asistir en persoa como seguila online a través do Campus Remoto.

A Hipertensión Arterial Pulmonar (HAP) é unha enfermidade rara cunha base molecular complexa. Nesta tese estudamos o efecto de variantes en xenes con alta implicación na HAP (ABCC8, TBX4) e moduladores (EDN1), á par de elaborar un panel diagnóstico utilizando microARNs.