GL EN

EQ2 - Oferta dun contrato de investigación a cargo da axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC)

EQ2 - Oferta dun contrato de investigación a cargo da axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC)

Fecha Inicio: 13 maio 2021
Fecha Fin: 18 maio 2021
1150€ brutos/mes
Completa (40h semanais)

O grupo de investigación EQ2 do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, na Facultade de Ciencias (Campus de Ourense) oferta un contrato de investigación ao amparo da axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC) da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.

As condicións do contrato serían:

  • Duración: desde o 21 de xuño ata o 30 de setembro a tempo completo.
  • Retribución: ao redor de 1150 euros brutos ao mes.
  • Posibilidade de renovación.
  • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias, Campus de Ourense.
  • Finalidade: Iniciación á investigación no campo dos ingredientes funcionais e/ou dos produtos químicos de base.

Os candidatos/as deben cumprir os seguintes requisitos:

Titulación requirida: Estudios finalizados de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería Agraria, Química ou Enxeñería Química.

A selección dos/as candidatos/as para o contrato realizarase en base a:

  • Expediente académico.
  • Valorarase experiencia no laboratorio, posuír título de mestrado ou estar en condicións de obtelo en áreas afíns ás titulacións antes mencionadas e, sobre todo, o interese na realización dunha tese doutoral no campo da biorrefinería, y máis concretamente, na obtención de ingredientes funcionais e/ou de produtos químicos de base, antes mencionados.
  • Outros méritos.
  • Entrevista persoal.

Presentación de solicitudes e prazo:

  • Mediante correo electrónico á seguinte dirección (biodesost@uvigo.es)
  • Deberase incluír CV (en pdf)expediente académico
  • Prazo de presentación: ata o 18 de maio de 2021.

Proceso selectivo e resolución:

O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación, nos prazos establecidos pola Normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal. Comunicarase a todos os candidatos/as la resolución desta etapa do proceso selectivo e se convocará a unha entrevista persoal aos candidatos/as preseleccionados; tras o cal se comunicará a decisión definitiva ao candidato/a seleccionado e aos solicitantes que aparezan na lista de reserva.