Instalacións e medios técnicos
Infraestrutura para favorecer a xeración e intercambio de coñecementos
O CINBIO está situado nun edificio de seis módulos divididos en zonas específicas para cada grupo de investigación e zonas comúns onde estes grupos se poidan sentir integrados e crear sinerxías. Máis de 30 laboratorios, salas comúns, de reunións, puntos de encontro e outros espazos destinados a facilitar o labor do persoal investigador nas súas xornadas de traballo.
Ademais da sede central en Vigo, os grupos contan con espazos propios en algunhas facultades do Campus de Vigo e tamén existen varios espazos no Campus de Ourense, onde están instalados dous dos catorce grupos de investigación.
Nas instalacións, atópase equipamento e infraestrutura para favorecer o intercambio de coñecementos, recursos e tecnoloxía tanto entre os propios grupos coma con outras entidades de investigación ou industrias relacionadas


Os nosos servizos
Ademais, o CINBIO conta con servizos de apoio á investigación con técnicos responsables.
Os nosos servizos