GL EN

Eventos

Festival científico CinVigo 22 abril 2023 Porta de Sol - Vigo

Chega o gran festival científico CinVigo!

Baixo o lema “Ciencia na rúa”, durante a fin de semana do 22 e o 23 de abril, o centro de Vigo acollerá este evento, organizado polo centro de investigacións CINBIO, no que a cidadanía poderá coñecer os proxectos involucrados nunha feira científica protagonizada por alumnado de ESO, Bacharelato e FP, pero tamén participar activamente en retos, concursos ou actividades divulgativas como a xincana e os obradoiros científicos, estes últimos especialmente deseñados para público infantil.

Proximamente máis información en Cinvigo - CINBIO!