Eventos
O vindeiro mes de maio celebraremos dous cursos de citometría no CINBIO:
- 1. O curso de Introdución á Citometría de fluxoterá lugar os días 8, 9, 11 e 12 de maio (programa aquí), cun aforo máximo de 20 persoas, tendo preferencia o persoal do CINBIO. A formación contará cunha parte teórica e outra parte práctica, nas que se tocarán aspectos tanto de citometría analítica como citometría sorting.
O curso terá o seguinte custo, en función das tarifas segundo tipo de usuario (consultar tarifa aquí):
- Usuarios tipo A (Universidade de Vigo): 77.01 euros*
- Usuarios tipo B (organismos públicos de investigación): 154.02 euros
- Usuarios tipo C (empresas privadas ou centros de investigación privados): 349.32 euros
* O importe dos usuarios tipo A seguirá o mesmo procedemento que as solicitudes de servizo e o cargo será contra os abonos de custes indirectos do grupo.
Unha vez confirmada a inscrición vía email, será necesario facer unha solicitude a través da plataforma LIMS (Formación: Introducción a la citometría de flujo).
- 2. O curso de Análise de datos avanzado utilizando FlowJo coa colaboración do Dr. André Potti, que terá lugar os días 18 e 19 de maio (programa aquí).
Aquelas persoas interesadas en obter máis información, poden contactar directamente con Mercedes Peleteiro, responsable do servizo de citometría do CINBIO en mpeleteiro@uvigo.es.