Eventos
O 8 de maio de 2025 en horario de 11:30h a 13:15h celebraremos a xornada “Do coñecemento á acción: emprendemento no ámbito académico”, organizada pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO. Terá lugar na aula 1 do edificio Redeiras (Berbés) da Universidade de Vigo.
Esta xornada servirá para presentar o programa EMPREN+AP do CINBIO en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha iniciativa financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública. No marco desta xornada tamén se dará a coñecer a nova Convocatoria do Programa Ignicia Proba de Concepto.
PROGRAMA
XOVES – 8 DE MAIO
11:30 - 11:45 h. Apertura institucional e benvenida.
11:45 - 12:15 h. Presentación do programa EMPREN+AP, iniciativa financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) para o fomento da cultura da innovación pública. Obxectivos e accións.
12:15 - 13:00 h. Presentación da Convocatoria IGNICIA (GAIN). Características do programa e resultados. Carlos Sánchez Vecino. Director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación.
13:00 – 13:15h. Rolda de preguntas
13:15 Aperitivo - Networking
Para asistir é necesario inscribirse no seguinte formulario.
En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal
Grazas.