Eventos
Formación en divulgación e comunicación científica en galego: Fala de ciencia con xeito
O venres 20 de novembro de 2026, a investigadora e divulgadora científica Andrea Muras ofrecerá un obradoiro centrado na divulgación e a comunicación científica en galego, dirixido ao persoal investigador posdoutoral do CINBIO.
Un obradoiro para que as persoas asistentes poidan adaptar o discurso sobre a súa investigación a diferentes tipos de públicos e contextos.

Andrea Muras Mora é doutora en microbioloxía e investigadora no INIBIC, onde estuda o comportamento das bacterias para previr infeccións. Compaxina a investigación cunha intensa actividade divulgativa: é autora do libro "La guerra contra las superbacterias" (Alienta, 2023), imparte formacións en comunicación e divulgación científica para persoal investigador e coorganiza Ciencia Calidade, que xa vai pola súa quinta edición
PROGRAMA:
- Por que comunicar a túa investigación?
- Analizaremos en que contextos comunicamos a ciencia e que gañamos cando o facemos ben.
- A divulgación como mérito na carreira investigadora
- Revisaremos que se valora na carreira investigadora e como construír unha identidade documentada.
- Formatos para comunicar un proxecto
- Coñeceremos formatos e os públicos aos que chega cada un.
- Descanso
- Marca a diferenza
- Identificaremos as nosas cualidades e intereses para comunicar cun selo propio.
- Presenta o teu proxecto con impacto
- Aprenderemos a usar a voz e o corpo para que a nosa idea se entenda á primeira.
- Da teoría á práctica
- Faremos a presentación dunha nano-charla do noso proxecto.
A formación terá lugar na sala de seminarios de Torre CACTI de de 09:30 a 14:00 horas.
Aquelas persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do seguinte formulario: