GL EN
Twitter bSky

Eventos

José L. Herrero - CINBIO Seminar Programme 22 setembro 2026 Sala de seminarios, Torre CACTI

Programa Seminar Programme

O martes 22 de setembro de 2026, a José L. Herrero (Profesor asistente no departamento de Medicina Bioelectronica no Feinstein Institutes for Medical Research, New York) ofrecerá o seminario "Circuítos cerebrais da respiración humana: rexistros intracraniais, análise de redes e neuromodulación" dentro do ciclo CINBIO Seminar Programme.

Será ás 13:00 horas na Sala de Seminarios de Torre CACTI. 

ABSTRACT:

Como converte o cerebro unha alteración da respiración nunha experiencia consciente e en respostas adaptativas executadas? Presentarei un marco experimental que combina perturbacións respiratorias controladas, rexistros intracraniais e medidas fisiolóxicas para seguir en tempo real a actividade dos circuítos cerebrais humanos. Amosarei que a ínsula anterior dirixe información cara ao córtex orbitofrontal para detectar restricións respiratorias e como o estado de ansiedade respiratoria modifica estas respostas. Finalmente, explicarei como estes achados orientan o desenvolvemento de sistemas de bucle pechado capaces de detectar estados de malestar e adaptar a estimulación cerebral ou a composición do gas inhalado. A respiración serve así como modelo para conectar circuítos, comportamento e enxeñaría.

SHORT BIO:

José L. Herrero é profesor asistente no Departamento de Medicina Bioelectrónica do Feinstein Institutes for Medical Research, en Nova York. Dirixe unha liña de investigación centrada nos circuítos cerebrais humanos da respiración e da interocepción. O seu laboratorio combina rexistros intracraniais (iEEG/ECoG), fisioloxía respiratoria, análise de sinais e métodos computacionais para estudar como o cerebro integra os compoñentes sensoriais, motores e afectivos da respiración. O seu traballo está financiado polos National Institutes of Health (NIH) e permitiu identificar circuítos entre a ínsula e o córtex frontal implicados na conciencia respiratoria. Na actualidade, desenvolve sistemas orientados a modular estes circuítos e aliviar o malestar respiratorio.