GL EN

Eventos

Nature Research Academies 25 outubro 2020 Sala virtual 1 CINBIO

O próximo 25 de outubro dará comenzo o curso "Nature Research Academies" impartido por Jeffrey Robins, sobre como conseguir o éxito no mundo académico a través da correcta redacción das publicacións científicas. A formación consistirá en tres workshops online en varios días que se dividirán en tres temas diferenciados.

Na primeira xornada, no webinar "Effective Academic Writing" trataranse aspectos esenciais como a importancia dunha comunicación clara ou as estratexias á hora de escribir. O segundo día, baixo o título "Logical Mansucript Structure" os temas tratados serán a metodoloxía e os resultados e por último, no webinar titulado "Maximizing discoverability" ofreceranse consellos moi útiles sobre a mellor maneira de escribir as publicacións para acadar unha grande visbilidade.