GL EN

Eventos

Teses CINBIO - Jorge Giráldez Fernández 17 xullo 2023 Salón de Graos do Edificio de Ciencias Experimentais. Campus de Vigo.

O luns 17 de xullo de 2023 ás 12:00 horas, Jorge Giráldez Fernández, do Grupo de Innovación en Agroalimentación e Saúde do CINBIO, presentará a súa tese de doutoramento baixo o título "EVALUACIÓN DE LA INCIDENCIA DE TETRODOTOXINA EN MOLUSCOS BIVALVOS ASOCIADA A LA PRESENCIA DE VIBRIO SPP. EN LAS RÍAS GALLEGAS".

Será no Salón de Graos do Edificio de Ciencias Experimentais do Campus de Vigo da Universidade de Vigo.

Resumo:

A caracterización do risco causado polas biotoxinas mariñas en alimentos de orixe mriña, en particular das biotoxinas consideradas emerxentes en Europa como é o caso da tetrodotoxina (TTX), é una materia prioritaria en materia de seguridade alimentaria na UE. Respondendo a una demanda de datos de ocurrencia por parte da EFSA, buscáronse ditos datos nas Rías Galegas dada a sua importancia como principal productor de mexillón a nivel mundial. 

Aínda que a súa orixe segue sen estar clara, varios grupos de bacterias foron considerados como potenciais produtores de TTX, destacando o xénero Vibrio, polo que tamén se buscou a conexión entre tetrodotoxina e bacterias de dito xénero.

Para levar a cabo estes obxectivos, foi necesario aportar un enfoque multidisciplinar pondo a punto, implementando e aplicando metodoloxías microbiolóxicas, para a detección de Vibrio spp. como precursor de TTX; ensaios de citotoxicidade como ferramenta analítica de screening; e cromatografía de líquidos acoplada a espectrometría de masas en tándem (LC-MS/MS) para a confirmación e caracterización de TTX e dos análogos da mesma.