Eventos
O proxecto “Falemos de ciencia en igualdade” xurdiu no ano 2020 para promover unha comunicación de ciencia máis inclusiva e equitativa no ámbito científico así como fomentar a visibilización das mulleres científicas. Unha formación transversal coa que, ano tras ano, pretendemos axudar ás persoas participantes a deseñar estratexias de divulgación científica que consideren a dimensión de sexo-xénero e a perspectiva de xénero.
O venres 2 de outubro de 2026 terá lugar a VII edición desta iniciativa promovida desde o CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, pertencente á Rede CIGUS.
Trátase dunha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.
PROGRAMA
VII edición de FALEMOS DE CIENCIA EN IGUALDADE
9.30h | Apertura da xornada
Benvida institucional e presentación da xornada a cargo de:
- Pendente
9.45h | Segregación por sexo e a perpetuación da desigualdade
- Coral del Río, catedrática da Universidade de Vigo e investigadora garante de ECOBAS, onde é membro do comité de igualdade do centro.
10.30h | Benestar, inestabilidade laboral e xénero na Sociedade Española de Astronomía
- Isabel Rebollido Vázquez, astrofísica, divulgadora e participante no grupo de estudo de igualdade de xénero da Sociedad Española de Astronomía (SEA).
11.15h | Pausa café e networking
11.45h | Participación e sesgos de xénero na adopción de tecnoloxías sostibles
- María Loureiro, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica de ECOBAS, ademais de membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. O pasado 8M foi recoñecida co Premio "Mulleres de Compostela 2026" pola súa contribución persoal e profesional.
12.30h | Perspectiva de xénero nos servizos de urxencias e nos artigos científicos
- Iria Miguens Blanco, doutora especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias no Hospital Clínico de Santaigo de Compostela. A súa tese de doutoramento está centrada na fenda de xénero en medicina.
13.15h | Coloquio aberto
- Modera: Pendente
- Participan: Isabel Rebollido, María Loureiro e Iria Miguens
#HR #RedeCIGUS #FondosEuropeos

DATA: Venres 2 de outubro de 2026
LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario:
CINBIO conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
Como centro adscrito á rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia) está cofinanciado con Fondos Europeos.
#teamCINBIO #RedeCIGUS #FondosEuropeos