GL EN

Novas

10 maio 2023África González, moderadora dunha mesa redonda no 44 Congeso da SEI

A investigadora e líder do grupo de Inmunoloxía do CINBIO, África González, participou no 44 Congreso da Sociedad Española de Inmunología como moderadora da mesa redonda "Lo mejor del año", compartindo a moderación co Dr. Rafael Sirera Pérez, da Universidade Politécnica de Valencia.

A longo de dúas sesións, participaron nesta mesa ponentes como o Dr. Pedro Berraondo López, a Dra. María Luisa Gil Herrero, o Dr. Alfredo Corell Almuzara e o Dr. Andoni Ramírez García, tratando temas relacionados coa inmunoterapia, a resposta inmunitaria e COVID, ou a inmunopatobioloxía fúnxica.

Nesta ligazón pódese consultar o programa completo do congreso, que nesta 44ª edición tivo lugar no Palacio Euskalduna de Bilbao entre o 10 e o 13 de maio de 2023.