GL EN

Novas

07 xullo 2023África González, premio Alumni-UVigo Honorífico

A entrega dos Premios Alumni-UVigo tivo lugar este venres no edificio Redeiras da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés, converténdose nunha gran festa coa que a institución académica viguesa buscaba incentivar a relación co seu antigo alumnado e reforzar o sentimento de pertenza á isntitución. Estes galardóns nacen coa misión de poñer rostro ao talento das egresadas e egresados da Universidade de Vigo, recoñecendo o seu labor persoal e profesional. 

Neste contexto, durante o acto, a investigadora África González, líder do grupo de Inmunoloxía do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), recibiu o premio Alumni-UVigo Honorífico, co que a Universidade de Vigo recoñeceu o seu mérito como persoa especialmente implicada con esta institución académica e cuxo traballo contribúe aos intereses e valores propios da mesma. A entrega deste premio honorífico, cun agarimo especial, foi a cargo do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

Podes ler a nova completa no DUVI.