GL EN

Novas

01 xullo 2022Becoming a Scientific Writer: Putting Why? before How?

0 29 de 30 de xuño de 2022 contamos co doutor Gavin Lucas (The Paper Mill) para impartir a formación "Becoming a Scientific Writer: Putting Why? before How? dirixida a estudantes de doutoramento do noso centro.

O obxectivo do curso foi axudar aos doutorandos e doutorandas na redacción e publicación de artigos científicos. Así, obtiveron un marco global para conceptualizar todo o proceso de publicación e tratáronse os principais problemas á hora de redactar.

A formación impartiuse dunha maneira moi dinámica, non só coa teoría senón con actividades prácticas e numerosas intervencións por parte do alumnado. Aquí tes algunas fotos: