GL EN

Novas

16 marzo 2022Benvida a Luis Liz Marzán

No CINBIO damos a benvida ao catedrático Luis Liz Marzán, que retorna á Universidade de Vigo para traballar sobre os materiais biomiméticos, tratando de desenvolver novos materiais con propiedades de interese no campo biomédico.

En palabras do propio investigador: “Esta incorporación á Universidade de Vigo vaime permitir, por unha banda, reforzar as colaboracións que nunca deixei de ter con algúns dos investigadores da Universidade e, ademais, diversificar un pouco máis as liñas de investigación que teño activas neste momento.”

A incorporación anunciouse a mañá do 16 de marzo nunha rolda de prensa celebrada no edificio Redeiras do Berbés da Universidade de Vigo e presidida polo reitor da institución.

É para nós un orgullo volver a contar con un investigador de tan elevado prestixio.

A continuación amosamos unha recopilación dos medios que se fixeron eco da nova:

- Artigo do DUVI

- Artigo de Faro de Vigo

- Artigo de La Voz de Galicia

- Artigo de Atlántico Diario

- Artigo de El Español

- Artigo de Metropolitano

- Artigo de Galicia Press

- Artigo de Vigo É

- Vídeo e artigo de Cadena Ser