GL EN

Novas

01 setembro 2023Novo Programa de Doutoramento en Nanociencia e Biomedicina

Co comezo do mes de setembro, achégase o inicio do novo curso académico e, con el, unha gran novidade na oferta de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo: o Programa de Doutoramento en Nanociencia e Biomedicina, vinculado ao Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO).

Este novo programa nace co obxectivo principal de dotar ao alumnado das ferramentas e metodoloxías xerais necesarias para desenvolver os seus traballos de investigación, buscando a integración de dúas áreas de traballo inicialmente dispares, como son os Nanomateriais e a Biomedicina; ademais de presentar unha visión multidisciplinar e colaborativa entre diferentes liñas e áreas de investigación.

Coordinado polo investigador do CINBIO, Juan Pablo Hervés Beloso, ofertaranse 12 prazas neste primeiro curso, puidendo optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas; sistemas e sensores para a monitorización en medioambiente e saúde; os nanomateriais funcionais; a prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temprana; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sostenibilidade.

Ademais do propio CINBIO, tamén participan neste novo programa de doutoramento outros centros de investigación como o Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Portugal ou o Centro de investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastián, algo que permitirá ao estudantado ter maiores posibilidades para a realización de estancias noutros centros de investigación, tanto nacionais como internacionais.

O prazo de preinscrición, igual que para o resto de programas de doutoramento da Universidade de Vigo, está aberto desde o 1 de setembro ata o vindeiro venres 8 de setembro. Aquelas persoas interesadas en acceder a estes estudos poden ampliar esta información no apartado de Acceso a doutoramento dentro da páxina web da Universidade de Vigo.

Varios medios de comunicación recolleron esta nova: