GL EN

Novas

31 xaneiro 2023O investigador Óscar Iglesias Menduiña visita o Colexio Sagrada Familia de Aldán

Este martes 31 de xaneiro o investigador Óscar Iglesias Menduiña, do noso grupo de Química Órganica (ORCHID), visitou o Colexio Sagrada Familia de Aldán (en Cangas do Morrazo), do que ademais é exlumno.

Óscar tivo a oportunidade de regresar á súa antiga escola para compartir unha mañá divertida co alumnado de 3º e 4º da ESO deste centro educativo da comarca do Morrazo. Foron un total de 40 as alumnas e os alumnos que asistiron á súa charla titulada "Arquitectos moleculares".

Desde o centro de investigacións CINBIO valoramos moito este tipo de iniciativas que espertan a curiosidade científica das rapazas e rapaces da nosa contorna.

Agardamos que fose unha experiencia interesante para as que serán as científicas e científicos do futuro!