GL EN

Novas

08 xuño 2021O Laboratorio de Enfermidades Raras recibe unha doazón da "Fundación Contra la Hipertensión Pulmonar"

Este martes 8 de xuño ás 13:00h, a “Fundación Contra la Hipertensión Pulmonar” e CINBIO realizou un breve acto de entrega para celebrar a doazón de 12.000€ ao proxecto de investigación do Laboratorio de Enfermidades Raras relacionado con esta enfermidade. Foi un evento online que se puido seguir a través do campus remoto da Universidade de Vigo (sala 1 CINBIO).

Neste proxecto de investigación traballarán membros do grupo liderado por Diana Valverde, que conta cunha ampla experiencia na análise xenética e funcional de variantes detectadas en pacientes de HAP. Varios dos seus membros están especializados en bioloxía molecular (Mauro Lago Docampo e Carlos López Solarat) e serán os encargados da extracción, realización e análise dos ensaios. Tamén conta con investigadoras especializadas na busca de biomarcadores en cancro de colon (María Gallardo e Loretta de Chiara), que axudarán no desenvolvemento dos modelos preditivos e a análise de datos.

Podes volver a ver o evento aquí: https://bit.ly/2ShV0fn 

Artigos de diferentes medios:

- Artigo do DUVI

- Artigo de GaliciaPress

Fotos do acto: