GL EN

Novas

02 outubro 2021V Congreso AEBioS - Asociación Española de Bioseguridade

Entre o 29 de setembro e o 1 de outubro celebrouse en Pontevedra o V Congreso da Asociación Española de Bioseguridade, organizado por varios membros do #teamCINBIO. O evento comezou cunha xornada precongreso na Illa de San Simón, baixo o nome de "Lazaretos en tempos de lepra: pinceladas de bioseguridade histórica", mentres que no resto de días as charlas e actividades desenvolvéronse na Sede Afundación de Pontevedra. Así mesmo, África González e Galina Pinzaru foron as relatoras de dúas das charlas, mentres que Marina Peña foi a moderadora dunha das sesións.

Podes encontrar máis información sobre o congreso nos seguintes medios:

- Artigo do DUVI

- Artigo de Faro de Vigo

- Artigo de Pontevedra Viva