Eventos
O vindeiro martes 20 de maio, Antonio Pereira, especialista do equipo Odissey, realizará unha demo deste equipo.
O evento estará centrado na nova aplicación do equipo de imaxe Odissey da casa LICORbio. Esta aplicación consiste nunha alternativa ao convencional Western Blot na que se fai todo o protocolo (cultivo celular, marcaxe e imaxe de ata 3 proteínas) nun mesmo soporte. Te unha gran utilidade para aplicacións como o estudo de proteínas fosforiladas e sen fosforilar simultaneamente.
Neste documento podedes acceder a máis información sobre este evento.
O seminario técnico terá lugar na sala de Audiovisuais do CINBIO de 10:00 a 11:00 horas e a demo será no laboratorio de citometría a partir das 11:00 horas.
Agradecemos a confirmación de asistencia a Mercedes Peleteiro, responsable do Servizo de Citometría do CINBIO, no correo mpeleteiro@uvigo.es