Eventos
O venres 16 de outubro de 2026 terá lugar a xornada 'PROXECTOS SEN NESGOS: Perspectiva de xénero na investigación en nanomedicina', unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, pertencente á Rede CIGUS, e que conta co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
A nanomedicina utilizarase como caso de referencia e fío condutor desta xornada, que terá un enfoque transversal, de tal xeito que os contidos, exemplos e ferramentas empregadas poderán aplicarse tamén a proxectos doutos ámbitos científicos.
Trátase dunha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.

PROGRAMA
PROXECTOS SEN NESGOS: Perspectiva de xénero na investigación en nanomedicina
9.30h | Apertura institucional
Benvida e presentación da xornada.
9.45h | Da política á proposta: a dimensión de sexo e xénero na I+D+i
Marco europeo e institucional, Horizonte Europa e integración da dimensión de sexo, xénero e interseccionalidade no contido da investigación.
- Lydia González Orta
10.20h | Sexo, xénero e investigación: onde aparecen os nesgos e por que importan
Conceptos clave e exemplos de como a ausencia desta perspectiva pode afectar ao deseño, á análise e á interpretación da investigación.
- Víctor Arce
11.00h | Da teoría á práctica: a perspectiva de quen investiga
Experiencia desde a investigación en nanomedicina e desde a preparación e avaliación de proxectos.
- María del Puerto Morales
11.25h | Pausa café e networking
11.55h | Caso práctico · Poñemos un proxecto baixo a lupa
Traballo a partir dun caso sinxelo inspirado na nanomedicina e comprensible para perfís de distintas disciplinas: identificar aspectos de sexo e xénero que non se tiveron en conta, valorar as súas consecuencias e propoñer melloras.
13.10h | Do caso aos nosos proxectos
Posta en común e ferramentas, preguntas e recomendacións para trasladar o aprendido a outros proxectos e ámbitos de investigación.
13.50h | Debate aberto e preguntas
Espazo conxunto coas persoas relatoras.
14.10h | Conclusións e peche
Síntese final e peche da xornada.
#HR #RedeCIGUS #FondosEuropeos

DATA: Venres 16 de outubro de 2026
LUGAR: Sala de formación do Espazo INCUVI (Campus Universitario de Vigo)
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario: